vida1
obra bibliografía ENlaces iNicio

San Lois de Cesures, casa onde naceu Carlos Maside


Vida

    O 18 de marzo de 1897 nace en Pontecesures Carlos Maside García. Os seus pais, Benito Maside Neira, oriundo de Ourense, e Socorro García Hermo, coñecidos por «os Brañeiros», eran donos dunha pequena tenda de tecidos e encaixes de Camariñas, na rúa de San Lois da parroquia de San Xulián de Requeixo, lugar que, a partir dun Real Decreto de Alfonso XII en 1881, se convirte en vila de San Luis de Cesures, polo aumento do seu vecindario e o fomento da súa industria.
    Ao fin do século Cesures é unha vila en relativo auxe. Conta cunha pequena estación do ferrocarril The West Galicia, co «Almacén de Rentas del Tabaco» e cun peirao comercial importante. En 1897 instálase a primeira liña telefónica particular e en 1900 sae o periódico La Verdad de Cesures.
    
O carácter de Cesures nos comezos do século XX era o común das pequenas vilas galegas da época, nas que o ambiente urbano se esluía e matizaba no modo de ser rural. Neste ruralis- mo vilego vai transcurrir a infancia de Carlos Maside. O vivir aldeán e mariñeiro ha quedar apreixado na sua mente.O traballo arreo dos campesinos do Ullán, o trafego do peirao, o ir e vir de galeóns, quenches, pailebotes e dornas, os rudos mariñeiros, conforman o primeiro recordo indelébel do rapaz serio e introvertido, que aflorará logo na súa pintura. En 1906 acude á escola de D. Bernardo Cordero e pronto comezan a despontar as súas cualidades para o dibuxo, o que fai que os seus pais decidan envialo á escola de Gende e Trasmonte, mestres de dibuxo, en Padrón, na que permanece até 1912. Nela habería coincidir con Manuel Antonio.  
    A morte do seu pai e a situación económica pola que pasa a familia obrigan a pechar o nego- cio de tecidos e a mudarse a Santiago, e o pequeno Maside entra a traballar de emprega- do, en 1913, nun comercio maiorista en Vilagarcía de Arousa, onde permanece catro anos. Vilagarcía é daquela unha pequena cidade con bon comercio e regular industria, con moitos elementos culturais e modernas edificacións, que aspiraba a denominarse "Ciudad de Arosa». O seu porto era dos máis mportantes do momento, cun movimento comercial e de pasaxecial e de pasaxe moi activo e predilecto da escuadra inglesa, que o visitaba anualmente.
    Este feito foi salientado por algúns dos seus biógrafos. Opérase nesta estadía vilagarciana un cambio de entorno vivencial do pintor, dunha man social, ao pasar dunha pequena poboación en crecimento, pero moi rural, a un medio decididamente urbano, e doutra familiar e personal, pois con apenas quince anos ten que vivir arredado da súa familia e sofrir un horario abusivo de 12 horas de traballo. Nesta experiencia quérese ver a orixe da súa preocupación social, que será xa ao longo da súa vida unha constante.
    A Vilagarcía chéganlle as primeiras noticias de Castelao a través de El Barbero Municipal, dirixido por X. Arcos Moldes, no que combatía e satirizaba o caciquismo de Viturro.
    Desta etapa data a primeira produción de
debuxos de Maside, como ten confirmado María Esther Rodríguez Losada. Aquí coñece a Xosé Núñez Búa, a quen lle regala, ao marchar para Santiago, un caderno de dibuxo. Núñez Búa descrebe así ao xoven pintor: «Maside andaba sempre cun coaderno no que dibuxaba barcos, gaivotas, mariñeiros, mulleres a sachar no cabadelo en percura de berberechos. Era xa como foi de cote: amabre, serio, cordial sen falanguería, de verba sosegada e precisa... Un día entróu na miña clase a me decir que se marchaba pra Santiago, porque non lle atraguia ren o ser comerciante, e regalóume o coaderno de dibuxos que levaba» .
    En 1915 realiza o seu primeiro viaxe a Madrid co motivo de cumprir o servicio militar. É a primeira saída dunha Galicia que comeza a captar nos seus dibuxos. A estancia en Madrid vaino poñer en contacto co mundo do dibuxo publicitario e ilustrativo e da caricatura. Licenciado xa, aparece traballando nunha axencia publicitaria . Coñece o labor de Sancha, Penagos, Robledano, Apa e dos caricaturistas do momento: Bagaría, Tovar, Xandaró, Sileno. O Madrid dos finais da segunda década vive convulsionado. As folgas do 17 e do 19, os primeiros de maio na «Puerta del Sol», testemuñan o crecimiento dun movimento obreiro que facía abanear o gastado edificio da Restauración. As forzas obreiras tiñan presente o modelo soviético. A pantasma da Revolución bol- :chevique semellaba sobrevoar España e, como en moitos outros intelectuais da época, marcará nel unha profunda pasada. O acontecimento, o influxo dos seus grandes teóricos, dos seus poetas -Maiakovski, Esenin, Blok-, ecoan con forza en Europa.
   Este é o Madrid que Maside coñece no seu primeiro viaxe.
   Arredor de 1920 volta a Galicia e emprincipia a súa andadura de artista. Participa con catro :aricaturas (Ave María Purísima, o poeta Xavier Jóveda, o escritor Posada Curros e o pintor Juan Luis) na «Exposición Regional de La Coruña» (1923) e a partir de 1924 colabora diariamente no Faro de Vigo, até 1926 en que pasa a facelo en El Pueblo Gallego. Neste ano consegue unha beca e desprázase a Madrid, onde o panorama artístico pasa por momentos renovadores. O Salón de Artistas Ibéricos (1925) é fiel reflexo das novas tendencias que comezan a penetrar en España. A preocupación pola forma, o entendimento do compromiso artístico, resultado das contradicións que se están a operar nas distintas forzas sociais, cuestionan a arte tradicional, afogada en esquemas periclitados. Maside ha permanecer atento a toda esta problemática.
   A Diputación de Pontevedra renóvalle a beca en 1927. En 1928 esta mesma institución pensió- nao para ampliar estudos en París durante algúns neses. Maside debéuse sentir atraído polas innovacións que no campo da arte se estaban producindo en boa parte de Europa e moi especialmente en París. A década dos 20 foi rica en experiencias; uturismo, cubismo, surrea- lismo, expresionismo, astracto, perduran, mézclanse, innóvanse.

    Mondrian, Kandinsky, Chagall, Klee, El Lissitzky, Picasso, son, entre outros, un nidio exponente da época, Agroman novas artes como un imperativo da comunicación social, o deseño, o grafismo, Rodchenko, Tatlin, Baccarat, Decour , son senlleiros representantes,
    Non obstante, Maside, aínda que atento ás novas correntes estéticas, fundamentalmente ao ex- presionismo, ao fauvismo e tamén, se ben en menor medida, ao cubismo -non hai que esquecer que na súa primeira exposición, en 1930, presenta unha serie de pequenos óleos expresionistas, que logo destrui-, na súa estadía parisina, parece máis preocupado polo postimpresionismo de Cézanne ou de Gauguin. Acude con frecuencia aos museos e á Escola de Belas Artes, na que realiza estudos de desnudo do natural, Consérvanse desta experiencia alguns dos debuxos que realizou.
    Ao voltar de París comeza a colaborar na revista Nueva España, onde coñece a Fermín Galán, que traballa na redacción da mesma. Nueva España, dirixida por Antonio Espina, Díaz Femández e Adolfo Salazar, quen sería sustituido por Joaquín Arderius, era unha revista na que se diron cita os intelectuais inquedos da península. Nesta publicación participaba un núcleo de xóvenes galegos. Nela saíron á luz, por primeira vez fóra de Galicia, dibuxos de Castelao de Cincoenta homes por dez reás; Femández Armesto, militante por aquela da extrema esquerda, remesaba desde Berlín crónicas sobre da situación política mundial; Bal e Gay, Otero Espasandín e Blanco Torres definían o novo nacionalismo galego, realista e político; Femández Sendón, Nóvoa Santos, Granen, Femández Maza, Arturo Souto e Xulio Sigüenza colaboraban asiduamente. En Nueva España ha publícar Maside algúns dos seus menores dibuxos: «La Cárcel», «Ha pasado el orden», «In memo- riam», «La elocuencia», «La carga»,... inspirados na desgarradora realidade da época,
    Colabora tamén na revista La Raza, no semanario Política, no que case todos os dibuxos son de contido político, nos periódicos El Sol, La Voz, Libertad e Más.
    
En 1930 ingresa na Cárcel Modelo, como resultado da súa participación nunha conspiración política, e naquela traba amistade con Bullejos. Pola mesma época tamén se encontra enrellado na Modelo Valle Inclán, xunto con outros galegos. Sen proceso, é liberado en 1931, pouco antes de ser proclamada a República.
    Madrid, París e, sobre de todo, Galicia serán os tres esteos fundamentais na formación de Carlos Maside.

"LA CARCEL", grabado publicado en La Nueva España.

PRINCIPAL         SEGUINTE